"Eu falo a miña lingua porque si, porque me gosta, porque me peta e dame a gaña" Celso Emilio Ferreiro

22 de maio de 2018

FESTIVAL DAS LETRAS 2018

A celebración das Letras Galegas tivo o seu día máis destacado o venres 18 de Maio coa celebración do Festival. As nenas e nenos esmeráronse coas súas actuacións para que as familias, o  profesorado e todo o alumnado gozaran do espectáculo.



18 de maio de 2018

AS LETRAS 2018 EN LEIRADO

Durante os días previos á celebración das Letras Galegas, traballouse sobre todo con dúas obras da autora: "Eu canto, ti contas" e "Mar adiante".
Lecturas, búsqueda de información, ilustracións de poemas e contos, elaboración de murais, escritura de cartas aos personaxes dos contos,  creación de poemas con pictogramas, e............... foron algunhas das actividades coas que o alumnado se achegou á figura de María Victoria Moreno.











LETRAS GALEGAS 2018: RECURSOS

Ao picar na imaxe accedese a información sobre a autora e a actividades para traballar esta celebración, elaboradas por diversos centros educativos galegos.

http://www.lingua.gal/letras-galegas/contido_0056/2018-maria-victoria-moreno

9 de maio de 2018

EMISORA ESCOLAR: A PAISAXE E A PINTURA

Programa correspondente ao mes de Abril, realizado polo alumnado de Terceiro de Educación Primaria. A temática xira en torno a paisaxes e a súa relación coa pintura e o resto das artes.

EMISORA ESCOLAR: OPINANDO SOBRE O ENTROIDO

Programa correspondente ao mes de Marzo, realizado polo alumnado de 2º de Educación Primaria. Con formato de entrevista,  recolle as opinións das nenas e nenos do cole sobre os disfrace e a celebración do Entroido.

7 de febreiro de 2018

COÑECENDO O ENTROIDO COS BOLECHAS

Os Bolechas achegannos información sobre o carnaval galego. Nesta web coñecerás os entroidos máis tradicionais de Galicia, poderás ver videos e xogar para comprobar canto sabes sobre esta festa tradicional.


VIVE O ENTROIDO GALEGO COS BOLECHAS

29 de novembro de 2017

EMISORA ESCOLAR: ENTREVISTA A MIGALLAS

Programa correspondente ao mes de Novembro, producido polo alumnado de 6º de E.Primaria, no que realizan unha entrevista realizada aos actores Beatriz Campos y David González, integrantes do grupo Migallas Teatro, que representaron para nós a obra "Un avó especial".
Nesta obra  trátase o tema do Alzheimer, e amósase a evolución desta enfermidade a través da relación do avó coa súa neta.

2 de novembro de 2017

2 de outubro de 2017

LeirARTE, UN PROXECTO ANUAL DE ARTE

O proxecto deste curso estará dedicado ás ARTES. Durante todo o ano realizaranse diferentes  actividades para conseguir un mellor coñecemento delas.
Picando sobre o Pacho escultor accédese a máis información. Dende o Pacho da barra lateral encamiña ao blog do proxecto.

http://abibliodeleirado.blogspot.com.es/2017/09/leirarte-presentacion.html