"Eu falo a miña lingua porque si, porque me gosta, porque me peta e dame a gaña" Celso Emilio Ferreiro

18 de maio de 2012

A LAMPREA, TAN PRETO DE NÓS

UN TRABALLO COLABORATIVO, NO QUE PARTICIPA TODO O CENTRO



Na planificación para este curso, o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística proxectou unha exposición sobre a lamprea, extraordinario animal que está moi ligado á vida e e as tradicións desta zona.
Organízase a mostra, que contará con paneis informativos elaborados polas nenas e nenos e útiles e ferramentas propios da pesca que aportan as familias.
O primeiro paso foi a busca e o tratamento da información. No proceso colaboran o E.N.D.L., o Obradoiro de Lectoescritura, o Equipo de Biblioteca e o Equipo de T.I.C.s.

Levase a cabo durante o segundo trimestre e conta coa participación de todo o alumnado.
O equipo distribúe a parte do traballo que lle corresponde a cada nivel: Características e forma de vida, gastronomía e pesca de lamprea e aves, árbores e peixes do río Miño. Os equipos de Normalización e Biblioteca proporcionan os recursos para acceder á información. O equipo de TICs creou unha wiki, na que se recolle todo o proceso do proxecto.
Finalmente realízase un ciclo de conferencias, nas que cada curso expón o aprendido ao resto de compañeiras e compañeiros.

 
O segundo paso foi a montaxe da exposición. Consta de paneis elaborados coa información elaborada polo alumnado, obxectos relacionados coa pesca e mesmo unha recreación do ecosistema do río.




Ningún comentario:

Publicar un comentario