"Eu falo a miña lingua porque si, porque me gosta, porque me peta e dame a gaña" Celso Emilio Ferreiro

25 de maio de 2012

EXPOSICIÓN DE CESTAS

Dentro da programación das Letras Galegas, durante a primeira quincena de maio levouse a cabo o Obradoiro de Cestería. Nenas e nenos elaboraron cestas, realizándose todo o proceso nas aulas: plegado de papel, entrelazado das tiras e decoración. O resultado foi unha morea de cestas de tódalas formas, tamaños e colores.
Os máis cativos tamén participaron con traballos máis sinxelos, realizando manteis coa mesma técnica do entramado. As nenas e nenos de 3 anos confeccionaron unhas cestiñas para doces moi bonitiñas. 
O importante foi comprobar que coas propias mans e materiais de refugallo podemos realizar obxectos prácticos e útiles. 


Obradoiro de cestería

Ningún comentario:

Publicar un comentario