"Eu falo a miña lingua porque si, porque me gosta, porque me peta e dame a gaña" Celso Emilio Ferreiro

10 de marzo de 2017

QUEN VIVE NA HORTA?

Amais das plantas, na horta viven moitos animaliños. Algúns son beneficiosos e outros constitúen un perigo para os nosos cultivos. Esa foi a temática dos disfraces do entroido deste ano. Con moito inxenio e moito traballo foron aparecendoos caracois,os  ratos e as arañas, as bolboretas, as xoaniñas e as abellas. Por suposto non faltaron os espantallos, que cumplen unha imortante misión nas nosas hortas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario